Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O recoñecemento e transferencia de créditos farase conforme ao previsto no artigo 10 do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e o procedemento de aseguramento da súa calidade e na normativa específica aprobada ao respecto pola Universidade de Vigo:

Segundo o indicado na Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da UVigo, a Comisión Académica do Máster será o órgano encargado de valorar, a petición da persoa interesada, o recoñecemento de créditos cursados noutros plans de estudo, tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos asociados ás materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos que se propón, ou ben que teñan carácter transversal. De acordo coa citada normativa, todos os créditos obtidos polo estudante cursando este mestrado, así como os transferidos, serán incluidos no seu expediente académico e reflexados no Suplemento Europeo ao Título.

Non se levará a cabo recoñecemento algún por créditos cursados en ensinanzas superiores oficiais non universitarias, por créditos cursados en títulos propios nin por acreditación de experiencia laboral e profesional.

Non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes á materia “Traballo Fin de Máster”, de acordo co RD 861/2010, de 2 de xullo, polo que se modifica o RD 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. En calquera caso, respetarase a normativa contemplada no RD 1618/2011, de 14 de novembro, sobre recoñecemento de estudos no ámbito da Educación Superior.